Persoal sanitario
Mónica Romero Fontao
(Responsable do Centro)
Logopeda | Colexiada 15/106
Mestra, especialidade de Educación Infantil. Máster en Trastornos do Desenvolvemento e Intervención Temperá. Experta en Terapia Orofacial e Miofuncional.
Antía Bermúdez Lodeiro
Logopeda | Colexiada 15/0891
Ciclo superior en Integración social
Beatriz Requeijo González
Logopeda | Colexiada 15/784
Máster en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías.
Persoal educativo
Mónica González Blanco
Psicóloga | Colexiada G-5359
Máster en Psicoloxía Educativa: Desenvolvemento e Aprendizaxe.
Ofrecemos apoio
- Dificultades na aprendizaxe da lectura e da escritura.
- Dificultades no ámbito escolar.
Desmotivación, falta de concentración… - Detección e apoio en casos de acoso escolar.
- Dificultades para a interacción e comunicación social.
- Dificultades na fala e na articulación.
- Dificultades na linguaxe.
- Presenza de disfluenzas na fala: bloqueos, repeticións e/ou alongamentos.
Disfemia ou Tartamudez. - Alteracións emocionais.
Baixa tolerancia á frustración, desorganización emocional, baixa autoestima,… - Alteracións da conduta ou do comportamento.
Dificultades de atención, hiperactividade ou inquietude motora. - Disfuncións da zona orofacial: deglución atípica, respiración bucal, etc.
En coordinación con odontopediatras e otorrinolaringólogas/os. - Dificultades na alimentación.
Sólidos, texturas, mastigación. - Deficiencias auditivas.
Hipoacusia, xordeira. - Trastornos ou retrasos no desenvolvemento.
- Orientacións académicas dirixidas á adolescencia.
Carreira universitaria, ciclos formativos,... - Asesoramento e apoio ás familias sobre o desenvolvemento da súa filla ou fillo.
Apoio á crianza.
Na infancia os diagnósticos escríbense con lapis (Untoiglich, Gisela)
Algunhas das problemáticas sinaladas anteriormente poden vir acompañadas de diagnósticos como TEA, Autismo, TDA, TDAH, TEL,... pero non foron incluídas no listado a pesar da súa frecuencia, porque a nosa experiencia fainos ser prudentes neste aspecto, xa que as dificultades na primeira infancia son complexas e dependentes de múltiples factores, entre os que convén incluír o entorno social, cultural, económico e natural no que estamos inmersos, e non só a herencia xenética. Tampouco podemos olvidar que nesta primeira etapa contamos cunha grande aliada que é a plasticidade cerebral, ademais de saber que as capacidades innatas van a desenvolverse en interacción co entorno. Isto é clave para entender que unha neno ou un nena non está determinada evolutivamente dende que nace pola súa herencia xenética, senón que boa parte da súa evolución vai a depender da calidade das relacións que estableza con persoas significativas. En base a todo isto, os diagnósticos deberían ser considerados simplemente brúxulas que orienten a nosa intervención en cada momento, pero nunca etiquetas pechadas, invalidantes e inamovibles que determinen o futuro da nosa infancia. Cremos nunha intervención relacional, que centre a mirada na nena e no neno, e non nun diagnóstico, onde o seu futuro sexa aberto e con moitas posibilidades de mellora.